Que relato che gustou máis?

1 Comment

  • Lois Pérez - 6 years ago

    A forza da razón

    Gustoume este relato por que se sitúa nun territorio fronteirizo, o da vida e a morte... Aínda que agora que o penso, o outro tamén, pero digamos que o feito de que sexa un espectro ou unha alucinación, ou un doente de alzheimer, ou sinxelamente un morto...Gustoume; por que axiña me permite entrar na historia, que está contada con axilidade e por que me gusta o final tamén. Fíxome pensar en dous relatos que para min son o cumio desta temática: "El muerto" de Leopoldo Lugones e logo esta xoia (alomenos para min), contida na Antoloxía da Literatura Fantástica de Borges, Bioy e Silvina Ocampo: 'O soño' de
    O. Henry, do que non me resisto a darvos o enlace se non o coñecerades para gozalo (eu volvín lelo agora): http://ciudadseva.com/texto/el-sueno-3/

    Aínda que non votei polo primeiro relato, debo dicir que me gustou tamén. A introdución levoume ao conto de Giovanni Papini, 'El espejo que huye', que me parece un conto soberbio que trata esta atinada reflexión que fai o autor/a de ‘Ser non será pero parecer parece’.

    Parabéns aos dous!

Leave a Comment

0/4000 chars


Submit Comment